Remata hoxe a miña primeira tanda de recollidas estivais. Despois de facer por terra Nigrán-Vigo, por auga Vigo-Cangas, e por terra de novo Cangas-Bueu, cheguei a destino para falar con unha muller brava, valente, atrevida: Feta (ou Perfecta, se nos fiamos polo que pon no Rexistro).
Toda esta viaxe é, en realidade, cara adentro. E no camiño estou atopando unha chea de aliadas que me fan medrar en moitos sentidos. Que van a favor da miña búsqueda. Que se amosan xenerosas.
Ía voltar mañá a casa. Pero creo que finalmente voltarei hoxe. E durmirei en soño morno todo o vivido e todo o escoitado o resto da fin de semana.
En agosto retomo a labor. Tiro cara a montaña. Nunha breve residencia na Fundación Uxío Novoneyra, no Courel.
A da foto, por certo, é Feta, fundadora no seu día da Cooperativa Galaica, composta por 18 modistas.
Por todas estas mulleres estou aprendendo quen son. Moi boa tarde. 💕