#Tabú foi concibido coma un espectáculo da intimidade. Coma unha exploración dela en todas as súas caras: a amorosa, a confusa, a violenta, a erótica… Se algunha prenda sabe de preto de calquera tipo de intimidade, esas son as bragas. Gústanos delas que as hai tan variadas como mulleres en tamaños, cores, atrevementos, picardías, seriedades… Gústanos que elas compoñan a escenografía. Que sexan o símbolo de que “Hai roupa tendida” e tamén de que “Estamos poñendo todo ao clareo”. Tamén nos gusta que dende agora en diante nos acompañen en cada función de venda ao público co fermoso deseño de Neves Seara. Artista plástica y performer.