Nós somos da terra. Concretamente da terra negra, da húmida, daquela na que se medra. A que é abundante en organismos e que polo tanto está disposta para sementar.
 
A nosa semente non é común. Nós collemos o sacho para facer reguiños ben rectos e cultivar historias.
 
Ás veces a xeito de guión. Outras, a xeito de dramaturxia. Ó final, en calquera caso, sempre está a nosa pequena produción. Que sae da nosa leira para distribuirse con mimo por toda a parroquia.
 
Somos humildes. Somos da terra. Nós somos Tarabela.