Tiña que ser así, maxestuosa, a última recollida de todas. Ter o privilexio de ser recibida por @gradinvillanueva e @luciavizosogradin na súa casa de San Cibrao. Adormecer e espertar co son do mar. Conversar con elas, que sempre me da tanta vida e percorrer o pobo que é para min o paraíso na Terra. E despois poñer rumbo a Burela, desde onde escribo destas horas, atoparme con Matías (home lindo onde os haxa) e xuntos visitar a Gloria do Corneta. Unha muller que sen lugar a dúbidas tiña que ser a que coronase este proceso. Vinme nela. Sentín que estaba falando coa miña eu do futuro. Ameina. Confirmoume tantas cousas!
Así que nada, tras horas charlando coa pel de galiña, poño rumbo á Compostela. Hoxe hai moito que celebrar. 💓