O Incio 
Non podo explicar o día que vivín hoxe. Dende espertar con @alba_sotelo na miña casa en Compostela ata tomar carretera con Óscar e Uxío camiño do Incio primerio e do Courel despois.
A primeira parada foi en Rendar. A cita era con Felicitas, avoa de Xabi, e en principio con unha soa amiga, pero o certo é que nos reunimos un bo lote de mulleres. Non é confirmado o mito que di que no interior somos máis reservad*s. Hoxe escoitei a mulleres bravas e fortes, capaces de vivir na alegría, pillas e sabias. Ás que presta escoitar. Que coñecían os trucos do bo facer.
Así en Rentar coma no Incio, onde parolei con Maruja do Abel e con Raquel. E por riba de todo con dous anfitrións de ouro. Un que ten o mapa das estradas na cabeza e o outro que hoxe cruzou Galicia ao volante. Cos que compartín o día enteiro. Mentres os ollos se me enchían de paisaxe abrumadora. Dicía Ramón Piñeiro que o lirismo nace cando o ser humano descubre as súas limitacións diante da natureza. E no camiño ao Courel eu hoxe enchinme de lirismo. Fíxose noite cando entramos na casa de Novoneyra. Pero acó estou. Esgotada, abraiada. Feliz. Amo profundamente este oficio.
Mañá máis ❤ Non sei imaxinalo moito mellor.