Calvos de Randín, Pitões das Júnias, Santiago de Rubiás. Fixemos kilómetros e kilómetros de estrada. Por encher os ollos e por chegar alí onde ata 1864 a fronteira non estaba clara. Eu precisaba iso para #Tabú. Cruzar límites e falar con Victoria e con Elvira, que estaban sentadas na praziña dun Santiago que non era o meu, pero que converteron en meu ó minuto da miña chegada (tardía, por certo).
No 1864 a Lei de Límites, co Tratado de Lisboa, decidiu que o Couto Mixto (Santiago, Rubiás e Meaus) pasaban a ser galegos e os Povos Promiscuos (Vilarelho da Raia, Soutelinho da Raia e Lama de Arcos) pasaban a ser de Portugal.
Non vos confundades. Promiscuo significa “que está misturado de forma confusa ou indiferente”, segundo primeira acepción de Google.
É dicir, que ata entón, habitantes deses lares podían declararse españois, portugueses ou nada. Vivir misturados. Supuxen que en todo senso.
Segundo Victoria e Elvira, supuxen ben.
Pasaba así mesmo no Couto Mixto.
Fixen a viaxe ata a fronteira dun lugar con “Camiño do Privilexio” acompañada pola ollada atenta de Rubén Martínez, autor desta instantánea.
E unha vez máis constatei que vou ser a morta máis feliz do cemiterio.
Moi boa noite.❤